jueves, 23 de abril de 2020

Ola nenos e nenas!! Continuamos co proxecto de Indios?? 
Os indios de Norteamérica vivían en TIPIS (TI, significa "vivir" e PI significa "lugar") é dicir que TIPI significa "lugar para vivir". Os Tipis podían ser montados ou desmontados en menos de dúas horas e é un dos fogares de acampada máis cómodos e que mellor resiste as diferentes condicións meteorolóxicas (cálido no inverno e fresco no verán). Estaba recuberto de pel de búfalo.

Déixovos un par de fichas para que fagades para o voso libriño dos indios:


Como manualidade podedes facer TIPIS de cartón: elexide unha plantilla  e a decorades ao voso gusto, despois mamá ou papá pegan unhas palliñas e colocan o tipi sobre unha base de cartón que tamén podedes pintar.




Aquí vos deixo a foto de Leire ca súa casiña!! Pegade a puntiña de abaixo da palliña cunha gotiña de silicona ao cartón!! A parte flexible da palliña cara arriba, para que poida dobrarse!! Pegade o tipi nun cartón un pouci grande, xa que outro día engadirémoslle o Totem!!



E xa por último, anímovos a construír o voso propio tipi na casa; nos primeiro o fixemos cas escobas e a fregona e  despois xa o melloramos cunhas cañas e uns paus . 
Xa veredes o que van a xogar nel!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario