Comezamos a semana co noso proxecto de China. Hoxe aprenderemos cousiñas sobre a escritura china, tan diferente a nosa!!! Sabedes que foros os chinos os que inventaron o papel??
Para comezar poderemos ensinarlles este vídeo (ata o minuto e medio máis ou menos que é o máis significativo):
E despois dunha pequena introdución é hora de que pasemos á práctica para mellorar o noso trazo e a nosa coordinación óculo-manual!
Propóñovos que intentedes escribir as seguintes palabras. Preparade pincel, folio branco e témpera negra un pouquiño aguada.
Aquí está a ficha que poden seguir de modelo; na primeira fila podemos ver as primeiras escrituras de home, sol, lúa, árbore e montaña. Debaixo dos debuxos podemos ver a escritura na actualidade (este é o modelo que debemos copiar).
E se vos apetece seguir practicando aquí está a escritura dos números en chino!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario